![imagen chica telefono audioguias scaled](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2023/06/imagen-chica-telefono-audioguias-scaled.jpg)
Audioguías
O prezo da entrada inclúe audioguía, sistema que permite gozar dunha visita autónoma ao Museo, con explicacións relativas á arquitectura e ás exposicións.
Perante a imposibilidade actual de entregar os equipos físicos, poderás descargar a aplicación das audioguías no teu móbil no Museo.
![plasmas](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2019/06/plasmas.jpg)
Plasmas
Pantallas situadas sobre os despachos de billetes que amosan as exposicións que o Museo ofrece, así como unha selección das actividades das que poderás gozar no día, información útil, como horarios ou tarifas, e os servizos máis destacados: cafetería, Tenda-Librería ou restaurantes.
Esta información preséntase en español, éuscaro, inglés e francés.
![170Vestibulo 2019](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2019/06/170Vestibulo-2019.jpg)
Mostrador de información
Servizo de atención personalizada situado no Vestíbulo, onde se poden consultar cuestións relacionadas coa Programación artística e educativa ou os servizos do Museo, así como consellos útiles sobre as posibilidades de visitar a contorna.
![Espacios didácticos | Guggenheim Bilbao Museoa](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2019/02/espacios-didacticos-guggenheim-bilbao-museoa.jpg)
Espazos didácticos
Espazos didácticos deseñados, practicamente con cada nova exposición, co gallo de complementar as exposicións a través de diferentes ferramentas educativas.
![planos guggenheim bilbao museoa](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2019/02/planos-guggenheim-bilbao-museoa.jpg)
Planos
Todas as plantas do edificio, incluíndo o Atrio e o Vestíbulo, contan con planos do edificio que amosan a situación das salas e itinerarios das exposicións, así como a localización de ascensores, escaleiras ou servizos adicionais como gardarroupa, restaurantes, despachos de entradas ou mostrador de información.
![cartela 6](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2020/06/cartela-6.jpg)
Cartelas
Cada obra de arte está acompañada dunha breve ficha técnica en tres idiomas: éuscaro, español e inglés.
As obras de arte do exterior do Museo, así como Instalación para Bilbao, de Jenny Holzer, e A materia do tempo, de Richard Serra, tamén contan con códigos QR vinculados a información máis extensa dispoñible na web.
![textos pared guggenheim bilbao museoa](https://cms.guggenheim-bilbao.eus/uploads/2019/02/textos-pared-guggenheim-bilbao-museoa.jpg)
Textos de parede
As exposicións van acompañadas de textos que explican o concepto artístico propio de cada mostra e que contextualizan as obras expostas a través das súas claves máis destacadas. Ademais, os espazos didácticos adxacentes ofrecen ferramentas e recursos que complementan a visita de forma variada e multidisciplinar.
Todos os textos ofrécense en éuscaro, español e inglés.